Os celtas en Galiza
Galiza é unha nación organizada xurídica e administrativamente como unha Comunidade Autónoma de España, situada no noroeste da Península Ibérica.
Sábese que en Historia de Galiza houbo asentamentos de poboación dende épocas prehistóricas que se remontan ata os 3000 a.C. Os gregos (así o constata Estrabón, (c. 63 a.C. 24 d.C.),) coñecían os habitantes deste extremo peninsular co nome de Kallaikoi. Os romanos integraron no seu imperio este territorio bastante tarde, xa a finais do século I a.C. e máis tarde aínda, co emperador Diocleciano, no século III, designouse como provincia romana co nome de Gallaecia, seguindo o topónimo antigo. Non hai que confundir os pobos kallaikoi cos galos da latina Gallia. Son asentamentos completamente distintos.
Os pre-celtas e os celtas da Galiza
O estudo e a ensinanza deste tema é algo moi complexo, debido sobre todo á opinión persistente, tan divulgada como errónea, de que esta rexión fora a máis celtizada da península Ibérica. Os arqueólogos, historiadores e investigadores de todas as épocas (os eruditos serios que non teñen ningún interese en manipulacións nin políticas nin do pobo), estes profesores, á vista dos achados arqueolóxicos e coa axuda dos escritos de gregos e romanos contan como puido ser e en que consistiu a chegada de certos grupos célticos a esta rexión. Son estudiosos da historia que foron directamente ás poucas fontes que poden manexar, sen conformarse con traducións anteriores, moitas veces mal interpretadas e que puideron ver as numerosas pegadas deixadas polos celtas, ó longo e ancho de Galiza, como os castros.
Semella que algúns grupos (do pobo celta que chegara ata o sur da península Ibérica), non atoparon acomodo nestas terras e iniciaron outra viaxe migratoria, en distintas etapas xa tardías, cara ó norte, a través de terras lusitanas. Nesta situación de emigrantes celtas dende o sur, polo oeste, cara ó norte, é bastante inqueda e non chegan a estabilizarse na rexión galaica ata o século I a.C., cando xa se atopaba bastante hispanizada. É o grupo coñecido como sefes, que se move cara o século III a.C. e que van situándose alguns entre o río Texo e o río Douro e outros, como xa se dixo, os que seguen cara Galicia.
Ao mesmo tempo que isto ocorría, producíase nas costas galaicas o desembarco de xentes nórdicas procedentes da Bretaña. A arqueoloxía acreditao así a través dos achados de punta Neixón na ría de Arousa na Provincia de Pontevedra.
Os celtas sefes atoparon estas terras bastante poboadas. Estrabón asegura que había unhas 50 tribos de pobos diferentes, mentres que Plinio di que eran máis de 65. O profesor (historiador, arqueólogo e escritor) Florentino López Cuevillas na súa obra A civilización céltica na Galiza, despois de expor un estudo exhaustivo sobre o aspecto político e xeográfico, asegura que todas estas tribos, na maior parte, non eran celtas. A relación de tribos pre-célticas que se pode dar é bastante extensa:
Estrimios (relacionados cos ligures (e comúns de países bretóns, ingleses e irlandeses), que permaneceron ata a chegada dos romanos), albións, seurros, gigurros, tiburos, lemavos, bibalos, tamaganos, caporos, zoelas, nobiagoi, abii, tirii, veasmini, salassi, cilenii, helenii, grovii, etc., todos eles asentados dende a Idade de Bronce, é dicir, antes do 600 a.C.Este é o fondo da población pre-céltica, que é a mesma que a normanda, inglesa e irlandesa. Destes poboadores proceden as semellanzas étnicas entre estes pobos e non da chegada dos celtas. As analoxías entre galegos e irlandeses actuais non veñen dun parentesco céltico, senón dunha comunidade étnica anterior que se remonta a 2.000 anos atrás.
As tribos celtas dos sefes recén chegadas superpuxéronse a estoutras máis antigas e adaptáronse bastante ben, crese que polo seu carácter afín indoeuropeo. Foron os celtas os que se acomodaron e a súa influencia foi, na maioría dos casos, tardía e esporádica, segundo se pode saber pola confirmación do estudo da arquitectura e a metalurxia. A dita poboación autóctona máis antiga conservou a súa destacada personalidade lingüística e cultural e tamén soubo intercambiar aspectos culturais coa civilización céltica. Houbo un verdadeiro troco de costumes e de coñecementos.